Xoves. 28.03.2024
Visitas coles Museo
Visitas de colexios ao Museo.

O Museo do Claustro Mercedario, debido á celebración do Día Mundial do Museo, o 18 de maio, convoca un concurso de redacción para todos os escolares da comarca de Monterrei, dende segundo de Primaria ata cuarto da ESO. 

O tema serán as intervencións perniciosas do home no seu hábitat, tomando como base as "Aves de Galicia"e "Bolboreta Monarca", as exposicións da Xunta que acolle o centro. 
O concurso de redacción "A man culpable", toma como exemplo o extrano caso desta bolboreta, que ten aparecido en Galicia nos últimos anos tras dunha prodixiosa migración dende Canadá, pero que tamén se solta irreflexivamente en bodas en banquetes con carácter ornamental. 

O concurso consistirá na redacción dun folio sobre as consecuencias inesperadas do comportamento do ser humano para a natureza, en especial sobre casos acontecidos na comarca de Monterrei.
O premio, que se fallará en outono, será unha cámara reflex de alta calidade para a fotografía da natureza. Os orixinais poderanse enviar ata o 15 de outubro ao mail [email protected].

"A convivencia entre o home e a natureza mantense nun fáxil equilibrio", reza a convocatoria, "a intervención do ser humano no medio ambente, moitas veces de xeito irresponsable, provoca consecuencias negativas para a nosa contorna. ¿Coñeces algunha delas?. Cóntanola. O cambio climático, os incendios forestais ou a contaminación das augas está a producir a desaparición masiva de especies".

Dende a súa creación hai dous anos, o Museo de Verín ten recibido a 22.500 visitantes, 1.445 dende as festas do Lázaro de 2019, de procedencias tan dispares como Alemania, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwán.

O Museo do Claustro Mercedario de Verín convoca o concurso "A man culpable"