Unha carpa instalada a carón da praza de abastos da vila chamou a atención de moitos dos que visitaron o mercado

¿Municipais? ¿Autonómicas? ¿Xerais?... Vox coloca un posto na feira de Verín

A carpa de Vox instalada na feira deste xoves en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Unha representación da formación política VOX instalou este xoves, coincidindo coas boas temperaturas e a celebración do primeiro mercado do mes de setembro na vila de Verín, unha visible carpa a carón do acceso ao centro de día verinense, onde estaban algúns dos seus simpatizantes ofrecendo obxectos promocionais aos que ata o seu posto se achegaban.