A anciá residía no asilo verinense e foi ingresada no hospital público por outras doenzas

Segunda morte na comarca por COVID: una muller de 90 anos hospitalizada en Verín

Hospital Público de Verín.

A muller falecida no Hospital de Verín súmase ao home de 76 anos de Oímbra, que morreu esta mañá no CHUO, onde estaba ingresado. 

A provincia de Ourense suma dos novos falecementos nesta xornada de mércores, e os dous da comarca de Monterrei. Acaba de coñecerse o falecemento dunha muller de 90 anos, que estaba ingresada no hospital de Verín, a causa da COVID - 19. A anciana residía no asilo verinense e presentaba patoloxías previas aínda que cando ingresou no hospital de Verín a súa PCR era negativa.