13 de agosto de 2020, 11:44
Segundo puido saber Diario do Támega, unha moza de 32 anos de Verín vén de se converter no primeiro caso positivo en coronavirus na vila logo de que se levantase o estado de alarma no país.
Súmase así aos dous casos rexistrados na localidade de Toro, en Laza -aínda activos-, ambos familiares do matrimonio falecido en Vilar de Barrio (o home, de 90 anos, finou onte pola noite no CHUO, onde permanecía ingresado. A súa dona falecera o pasado venres día 7 pola tarde con 91 anos).
No mes de xuño tamén se rexistrara un caso aillado doutra moza na localidade de Rabal, en Oímbra.