Martes. 19.03.2024
Feijóo e Comesaña, nunha das reunións do comité clínico.
Feijóo e Comesaña, na reunión do comité clínico deste martes.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de explicar en rolda de prensa, as principais limitacións que rexirán dende a medianoite do xoves 14 ao venres 15 de xaneiro, logo da reunión do comité clínico que se reuniu na tarde noite de onte martes. 

Segundo anunciou, Monterrei sitúase no nivel máximo de risco e, ao igual que Verín -que mantén ese estado-, permanecerán pechados de xeito perimetral, esto é, ninguén poderá entrar ou saír da cada municipio sen causa obxectiva e xustificada

Ademáis, o presidente confirmou que a hora do toque de queda adiántase ás 22:00 horas en toda Galicia e as reunións entre persoas non conviventes limítanse a catro en todo o territorio autonómico. 

Así pois, Cualedro e Castrelo do Val abandonan a améndoa que formaban con Verín e Monterrei, pero estarán, ao igual que o resto de municipios galegos que non estén no máximo nivel, en situación de risco medio-alto.


"Nos levemos os bares ás casas"

Galicia adianta a partir do venres o toque de queda ás 22:00 horas, toda a hostalaría deberá pechar a partir das 18:00 horas e os comercios terán un horario máximo até as 21:30 horas. Estas medidas súmanse ás recomendacións de evitar ao máximo as reunións ou encontros con non convivientes, que están limitadas a catro acodes en toda a comunidade, e de levar a cabo unicamente actividades "esenciais".

Destas medidas e recomendacións informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste martes. Nela, informou de que, con carácter xeral, "non hai ningún concello que non estea sometido" a restricións en toda Galicia e todos quedan comprendidos nos dous niveis máis altos de protección conforme ao protocolo establecido.

Facer só o esencial e evitar desprazamentos

Feijóo fixo a "recomendación" de levar a cabo só "o esencial", como é "acudir ao médico, colexios, coidado de maiores e menores, acudir a comercios a comprar o indispensable e acudir con normalidade ao traballo", aínda que neste punto fixo fincapé en que "sempre que sexa posible" recupérese o teletrabajo.

As principais restricións son un máximo de catro persoas en reunións públicas e privadas. Neste punto, e dado que toda a hostalaría pechará ás 18:00 horas, Feijóo pediu "non substituír" estes encontros nos bares e restaurantes nos domicilios privados, isto é, non realizar reunións de non convivientes entre as 18:00 e as 22:00 horas, do toque de queda novo.

O comercio deberá pechar ás 21:30 horas, as tendas seguirán con aforamentos reducidos ao 50 por cento, a vixilancia en centros comerciais reforzarase e están prohibidos os usos comúns.

Feijóo indicou que, "de non facer nada", o pico da terceira onda produciríase a finais de febreiro pero que, con estas medidas, espérase poder adiantala a finais de xaneiro ou principios do próximo mes. As medidas durarán, polo menos, até mediados de febreiro, confirmou o mandatario autonómico, quen tamén apuntou que con elas se pretende minimizar a presión hospitalaria e os ingresos en UCI.

Monterrei e Verín, os únicos da comarca que quedan pechados perimetralmente e cos bares...