xoves 04.06.2020
Son 10 os colectivos, asociacións, escolas e institutos que xa elaboran os seus satíricos e ocurrentes textos

Medra o número de participantes nos "Maios" de Verín malia a que este ano só poderán lerse as coplas en Internet

As coplas estarán publicadas, en Internet, na noite do día 30 de abril ó un de maio. Só estarán dispoñibles nas redes. Aínda así, foron máis os colectivos que se sumaron a redactalas que os participantes na pasada edición de 2019

Raiola estreouse o ano pasado cun "maito" feito polos seus anciáns emulando á casiña de "Up".
Raiola estreouse o ano pasado cun "maito" feito polos seus anciáns emulando á casiña de "Up".

Foi a propia concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, Emilia Somoza, quen confirmou que serán este ano dez os colectivos que xa están a traballar na elaboración das tradicionais coplas dos "Maios", superando así o número de participantes con respecto ao ano pasado.

Somoza quixo destacar o "extraordinario esforzo e a implicación que están a demostrar os centros de ensino da vila traballando arreo, incluso nunha situación tan difícil coma a que está a vivir a nosa sociedade, para que a tradición se manteña viva e sirva para fins sociais", asegurou. 

A concelleira de Festexos tamén agradeceu o "altruísmo e compromiso social" das asociacións e do centro de día para maiores do Concello de Verín, Raiola, que, ao igual que os colexios e institutos que elaboran as coplas, non recibirán este ano ningún tipo de contraprestación por participar, posibilitando así que o o Concello poida doar íntegra a cantidade orzamentada para os Maios á investigación da vacina contra o COVID-19.

Os colectivos que están a elaborar coplas son os seguintes:

Centro de día de Verín "Raiola" 

IES Xesús Taboada Chivite

Colexio Plurilingüe María Inmaculada 

Colexio Apostólico Mercedario 

CEIP Princesa de España 

CEIP Amaro Refojo 

CRA Monterrei 

Asociación de Mulleres Rurais "Flor da Xesta"

Asociación de nais e pais de alumnos e alumnas do Conservatorio de Verín 

Asociación Verinense de Amigos da Música

Medra o número de participantes nos "Maios" de Verín malia a que este ano só poderán...
comentarios