jueves. 25.04.2024
A nova desvelada o pasado venres 22 de peche da instalación deixou en suspenso unha iniciativa que tiña o visto e prace do xerente Miguel Abad

As matronas do Hospital de Verín querían converter o paritorio nun dos de referencia en técnicas de parto natural

As matronas do Hospital de Verín estaban barallando a posiblidade de converter o servizo nunha casa de matronas, é dicir, un paritorio de baixa intervención, facendoo así, nun dos de referencia en técnicas de parto natural. A recente nova do peche do paritorio e das urxencias pediátricas, impídelles levar a cabo o proxecto.

El médico expedientado, con parte de su equipo del servicio de Ginecología. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Begoña Pérez, Javier Castrillo, Belén Vázquez, Patricia Rey e Isabel Blanco, no paritorio do Hospital de Verín, pouco despois de atender ao que pode ser o seu último parto. Faltaban tres compañeiras, Lorena Corral, Elena Vidal e Sara Campo.

O pasado venres, 22 de novembro, anunciouse o peche do paritorio e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín. A partir do día 1 de decembro, o centro non prestará estes servizos e as nais da comarca que queiran dar á luz nun centro sanitario deberán desprazarse ata Ourense. As matronas do Hospital din estar desinformadas sobre a súa futura situación laboral e aseguran que aínda non viron nada por escrito das decisións tomadas polo Goberno galego.

A pesar da situación na que se atopan as matronas do Hospital de Verín, estas reveláronlle a Diario do Támega unha idea que tiñan en mente e que, debido aos recentes acontecementos, non lles deu tempo a formalizar. Estas profesionais querían ofrecer un servizo de paritorios de baixa intervención, é dicir, dar á luz da maneira máis natural. Esta técnica consiste en que a intervención no parto é mínima, as nais están atendidas só por matronas, tendo a seguridade de que o xinecólogo está sempre dispoñible por se hai algunha urxencia. Cabe salientar que esta modalidade de parto está dirixida a mulleres con embarazos de baixo risco, as que deben cumprir uns requisitos.

Era a solución proposta polo equipo de sete matronas e o servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital Comarcal, tentando fuxir das técnicas instrumentais que se utilizan noutros hospitais de maior envergadura en número de partos. "Un parto é un feito único, é o momento da nosa chegada á vida, cantas mulleres están optando xa incluso por parir na casa sen apoio médico por considerar precisamente os partos nos hospitais moito máis deshumanizados do que deberían de ser? Pois a nosa solución era isa, a que xa está tendo e dando moi bos resultados en hospitais cataláns", asegura Belén Vázquez, unha das matronas de Verín recentemente premiada pola Sociedade Española de Psicoloxía. 

Deste xeito, o Hospital de Verín converteríase en centro de referencia para calquera muller que quixera optar ao parto natural. As matronas respáldanse na evidencia científica, que avala a seguridade e vantaxes desta forma de parto. "Cantas menos maniobras innecesarias manexemos, mellores resultados perinatais teremos e, por suposto, maior satisfación das mulleres", aseguran as matronas do centro.

Pareceunos que Verín era un sitio adecuado para isto, por iso propuxemos a idea nunha reunión, pero xa non nos deron tempo a facer nada (Patricia Rey, matrona do Hospital de Verín)

Foron os hospitais cataláns -o pioneiro foi o Hospital de Martorell- os que estrearon este tipo de salas para parir. A día de hoxe son 3 centros cataláns os que ofrecen os partos de baixa intervención, e os resultados son sempre positivos. En Galicia, o Hospital do Salnés é centro de referencia por empregar estas técnicas á hora de dar á luz. As matronas de Verín apostaban por ofrecer isto ás futuras nais, pero o recente comunicado do peche do paritorio trocou as súas ideas.

O desacordo e desaprobación desta medida do persoal médico do Hospital de Verín xustifícase cun rexeitamento ao postulado polo Goberno galego, que alegan o peche deste servizo ao perigo por non contar coa profesionalidade do persoal sanitario do paritorio. As matronas de Verín aseguran que a 'pericia' non se perde e que, todo o contrario, nun hospital comarcal, as profesionais gañan experiencia ao estar presentes en todo o proceso do parto, e non só no expulsivo. "En caso de que fora real que nós perdemos pericia, quen non o é -di visiblemente molesto- hai outras solucións que non son cerrar o paritorio. Por exemplo, facer turnos, rotar, mandando matronas a facer gardas a Ourense e traéndo outras dalí", di Javier Castrillo, xefe do servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital.

En caso de que fora real que nós perdemos pericia, quen non o é -di visiblemente molesto- hai outras solucións que non son cerrar o paritorio. Por exemplo, facer turnos, rotar, mandando matronas a facer gardas a Ourense e traéndo outras dalí (Javier Castrillo, xefe do servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital)

As matronas tamén se queixan da falta de información e solucións que se están a aportar. "Se vén unha muller dilatando, ninguén nos explicou como actuar, que se supón que temos que facer?", alegan as matronas.

GONZALO CABALLERO APOIOU ÓS AFECTADOS

Foi esta mañá cando Gonzalo Caballero, líder dos socialistas galegos, se achegou ata Verín para manifestar a súa postura ante a situación do peche do paritorio e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín. Caballero pide un cambio na xerencia do Sergas en Ourense, na Consellería de Sanidade e tamén na política sanitaria da Xunta.

"Entendemos que non poden estar todos os servizos en todos os lugares, pero se aquí había servizos, por que non pode seguir habéndoos?", declarou o líder socialista fronte ós medios.

Begoña, Javier, Belén, Patricia e Isabel Blanco,Gonzalo Caballero, no centro da imaxe con camisa branca, esta mañá, no Hospital de Verín. Estivo arroupado, entre outros, polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o senador por Ourense, Juan Carlos Francisco; o deputado, tamén pola provincia, Adolfo Pérez Abellás, e o secretario provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. 

As matronas do Hospital de Verín querían converter o paritorio nun dos de referencia en...