luns 08/03/21
Os chamamentos arrincaron polas persoas con apelidos que comezan pola “H” e seguirán a orde alfabética, ata completar a citación deste sector de poboación

Máis de 3.000 verinenses maiores de 80 anos comezarán a ser vacinados a partir da vindeira semana

Con anterioridade á vacinación, os usuarios serán contactados de novo telefonicamente polo equipo de citación especial para fixar unha data, polo que é moi importante manter actualizados os datos nos ficheiros do Sergas acudindo aos centros de saúde

PHOTO-2021-02-17-20-03-11
Equipo especial de Atención Primaria para a vacunación fronte á Covid-19 na área sanitaria de Ourense.

O equipo de citación especial para a vacinación fronte a Covid - 19 iniciou a citación dos 32.626 ourensáns e ourensás de máis de 80 anos. O obxectivo é vacinalos a partir do próximo luns, día 22, nos Servizos de Atención Primaria. En concreto, Verín será o que conte cun maior volume de citacións, chegando ás 3.150.

Os chamamentos arrancan polas persoas con apelidos que comezan pola “H”, letra elixida por sorteo ante notario na Consellería de Sanidade, e seguirán a orde alfabética, ata completar a citación deste sector de poboación.

Con anterioridade ao día da vacinación, os usuarios serán contactados telefonicamente polo equipo de citación especial para fixar unha data. Posteriormente, haberá unha segunda chamada para reconfirmar as citas diarias, coa intención de lembrar estas e axustar ao máximo as doses a dispensar.

A campaña será levada a cabo polos once equipos especiais de vacinación, formados por 22 enfermeiras de Atención Primaria. Estes xa fixeron fronte á vacinación de máis dun centenar de residencias sociosanitarias e do persoal dos Centros de Atención Primaria.

Máis de 3.000 verinenses maiores de 80 anos comezarán a ser vacinados a partir da...
comentarios