domingo 19.01.2020
os seus pais piden respecto aos medios e únicamente difunden o puño en alto do seu primoxénito

Manuel, o cativo que naceu no paridorio esta mañá, tamén berra: "Verín non se pecha"

Imaxe do pequeno Manuel, hospitalizado no CHUO, esta tarde.
Imaxe do pequeno Manuel, hospitalizado no CHUO, esta tarde.

Non transcenderán, alomenos polo de agora, imaxes nin da nai, do pai, nin do cativo que hoxe pola mañá viu a luz no paridorio, aparentemente pechado, de Verín. Diario do Támega obtivo, malia todo, a foto do puño da súa man dereita. O seu proxenitor asegura que "Manuel tamén berra: Verín non se pecha" e subliña o "exquisito e profesional trato que recibimos dos profesionais do hospital comarcal en todo momento, algo que, lamentablemente, non podo dicir dos de Ourense". 

Manuel, o cativo que naceu no paridorio esta mañá, tamén berra: "Verín non se pecha"
comentarios