xoves 21.11.2019
Nos vindeiros 7 e 8 de decembro celebraranse os dous certames, de maneira conxunta

O Concello de Verín adía a Feira do Outono polo mal tempo previsto

Terá que agardarse ata os vindeiros 7 e 8 de decembro para poder desfrutar dos produtos da tempada de outono.
Terá que agardarse ata os vindeiros 7 e 8 de decembro para poder desfrutar dos produtos da tempada de outono.

A feira do outono programada para o vindeiro fin de semana electoral do 9 e o 10 de novembro será adiada ata os días 7 e 8 de decembro, informaron hoxe fontes municipais. Segundo explicou o edil responsable de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, "a máis que probable previsión de fortes chuvieiros, unido á proximidade da feira de Nadal, foron factores dabondo para decidir este cambio de datas". 

Así, coincidindo co anuncio do cambio de datas, o Concello de Verín abriu, dende hoxe, o prazo de inscrición para o certame do Nadal, que estará aberto ata o 22 de novembro. Todos os interesados en se inscribir deberán ingresar nunha conta do BBVA -ES30 0182 0618 4600 1002 5874- os preceptivos 30 euros, aínda que tamén se poderán satisfacer personalmente nas oficinas municipais. A temática, desta vez, será un chisco máis variada. Además de estar enfocada ás datas de Nadal, os expositores participantes interesados poderán acudir con aqueles postos máis característicos da feira do outuno aprazada. 

O Concello de Verín adía a Feira do Outono polo mal tempo previsto
comentarios