jueves. 18.04.2024
20191018 limpeza támega pazos
Limpeza do Támega: antes e despois na zona de Pazos.

O Concello de Verín vén de rematar as accións de limpeza do tramo urbano do leito do río Támega ó seu paso pola vila, entre a ponte de Verín (zona do Olivar) e Pazos. As actuacións realizadas tiveron por obxecto levar a cabo as medidas de protección necesarias no leito do río Támega para a súa conservación e mantemento, coa finalidade de previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo ó longo do tramo urbano do río Támega ó seu paso pola vila.

Os traballos realizáronse en dous tramos diferentes. Por unha banda, na zona cercana á ponte principal da vila, limpándose a vexetación que invade o leito e coa posterior colocación de gravas na paraxe do Olivar. Por outra, a limpeza da vexetación que invade o leito do Támega na paraxe da Noria, entre a Ponte do Melo e a Área Recreativa de Pazos.

20191018 limpeza támega olivar

Gerardo Seoane, alcalde da vila, sinala que "É unha actuación preventiva (...) en puntos de perigo de inundación."

A limpeza do cauce do Támega realizouse tras recibir a pertinente autorización por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galiza, confirmando que devendita acción "non causa prexuízo á integridade do espazo, non afecta de xeito significativo a hábitats prioritarios ou a núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación ou elementos da paisaxe que revistan unha importancia fundamental para os compoñentes da biodiversidade".

"É unha actuación preventiva máis das que vimos realizando, previa autorización de Xunta de Galicia, en zonas onde a acumulación de grava, broza e suciedade converten certas zonas do leito do río Támega en puntos de perigo de inundación", explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

O Concello de Verín remata os labores de limpeza do río Támega