Venres. 29.03.2024
As concelleiras Emilia Somoza e Manuel Lorenzo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
As concelleiras Emilia Somoza e Manuel Lorenzo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello de Verín presentou este luns o programa oficial de actividades para o Lázaro 2022, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de abril. Este ano, o ente municipal retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. 

Feira de artesanía e alimentación, actuacións musicais, un paseo en bicicleta, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, menús especiais nos restaurantes da vila e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para o próximo fin de semana.

A programación oficial foi presentada no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos"O Concello de Verín recupera o seu concepto de Lázaro Multicartel ofrecendo a veciños e visitantes unha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades", salientou o concelleiro Manuel Lorenzo.

Actividades deportivas

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 2 de abril os seguintes eventos:

  • ás 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín na que participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube e Nataçao C. Chaves.
  • Ás 17:00 horas, partido de veteranos de fútbol entre o A. D. Veteranos Verín e o G. D. Chaves, no Complexo Deportivo da Granxa.
  • Tamén haberá un paseo en bicicleta pola ecovía do río Támega con saída desde a Alameda, ás 16:30 horas.

 

Feira do mostras no pavillón

Por outra banda, durante os días 2 e 3 de abril -en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas- haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, sorteos, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación. Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoguetes de madeira, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, cerámica, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, pulpo ou garrapiñadas serán algúns dos sectores e produtos que se poderán atopar na feira. Ao igual que nas pasadas edicións, a D. O. Monterrei estará presente co seu Túnel do Viño.

Non faltarán no Pavillón municipal un completo abano de propostas lúdicas e educativas infantís. Durante todo o horario de apertura da feira, habilitarase un espazo gratuíto, destinado aos máis cativos e cativas no que poderán levar a cabo distintas actividades e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión (os dous días, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas).

Debido o aforo limitado nos actividades ubicadas no pavillón, recoméndase realizar as preinscrición por algún dos seguintes medios:

  • vía mail: [email protected],
  • a través da Oficina de desenvolvemento local do Concello de Verín ou
  • durante a feira no stand da organización. As persoas inscritas nas actividades deberán estar no espazo dedicado ás mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

 

Grandes grupos e orquestras e moita música de banda

Segundo explicou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todos os segmentos de público: "O que buscamos este ano, como se pode ver representado no noso cartel, é 'ir abrindo a cremalleira' co firme obxectivo de recuperar totalmente a actividade cultural e festiva que nos caracterizaba antes da pandemia".

Deste xeito, a programación musical arrinca:

  • o venres 1 de abril, ás 22:00 horas, coa actuación do grupo Assia na praza García Barbón.
  • O sábado 2 de abril, ás 18:00 horas, a praza da Mercé será o escenario do primeiro torneo de Bandas de Música "Vila de Verín" coa participación da Banda de música de Rianxo, a Agrupación Musical da Limia e a Banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín. Por outra banda, a praza García Barbón acollerá a actuación do grupo América en dous pases. De 21:30 a 22:30 horas e de 23:30 a 1:30 horas.
  • O domingo 3 de abril, ás 18:00 horas, actuará a Agrupación de Música tradicional Galega Candaira na praza da Mercé e, para rematar -a partir das 20:30 horas- o grupo Fama pechará a programación musical do Lázaro na praza García Barbón.

 

Por último, o domingo 3 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro.

Programa completo

 

Feira de artesanía e alimentación (2 e 3 de abril, no pavillón municipal)

Horario: 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

  • TÚNEL DO VIÑO (horario: 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas), coa presenza da sumiller Marina Cruces.
  • OBRADOIROS INFANTÍS: Decoración e pintura libre para os máis cativos no Stand de "Dorahada". Impartido por Dora (Os cativos poderán pintar as pezas artesanais e personalizalas cos seus nomes).
  • ACTIVIDADES LÚDICAS INFANTÍS (horario: de 17:00 a 19:00 horas): Chapas, globoflexia, etcétera. 

 

SÁBADO 2 DE ABRIL

  • 10:00 horas: Apertura de portas.
  • 12:00 horas: Inauguración oficial.
  • 13:00 horas: Cata de patés artesanais e gourmet a cargo de Mar e Terra Conservas, con variedades como polbo, lacón con grelos, ibérico, centola, ...).
  • 14:00 horas: Peche de portas.
  • 16:00 horas: Apertura da feira.
  • 17:00 horas: Iniciación ao corte de cecina e presentación de embutidos de caza: Relatorio a cargo de Alacena (Puebla de Sanabria). Miguel Ángel Corvo será o cortador mestre.
  • 18:00 horas: Charla de olaría tradicional a cargo de Olaría do Batán: "A importancia da olaría a través do tempo".
  • 19:00 horas: Showcooking: "Cociña saudable con productos ecolóxicos". Imparte Purificación Caldelas.
  • 20:00 horas: Peche do recinto feiral.

 

DOMINGO 3 DE ABRIL 

  • 10:00 horas: Apertura.
  • 11:00 horas: Actuación musical pandereteiras "As Travesas da Mezquita".
  • 12:00 horas: Cata de queixos de cabra confitados -castaña, mazá, arandos, trufa e pesto- de Queixería Gaia, co mestre Iván Cubillas.
  • 13:00 horas: Cata maridaxe Viños de Monterrei.
  • 14:00 horas: Peche do recinto feiral.
  • 16:00 horas: Apertura de portas.
  • 17:00 horas: Partido de fútbol -Complexo da Granxa: A. D. Veteranos Verín - G. D. Chaves.
  • 17:00 horas: Obradoiro "Cociñando sen cociña", con productos ecolóxicos Terra de Baronceli, a cargo de Purificación Caldelas e Juan Matías.
  • 18:00 horas: Charla "Poda do castiñeiro para produción da castaña", a cargo de Soutogal.
  • 19:00 horas: Entrega do premio ao mellor posto de venta e entrega de diplomas de participación.  
  • 19:50 horas: Sorteo da cesta cos produtos cedidos polos expositores.
  • 20:00 horas: Peche do recinto feiral.

 

Actuacións musicais

VENRES 1 DE ABRIL

  • 22:00 horas: Grupo Assia, na praza García Barbón.

 

SÁBADO 1 DE ABRIL

  • 18:00 horas: I Festival de Bandas de Música Vila de Verín, na praza da Mercé. Interveñen: Banda de música de Rianxo, Agrupación Musical da Limia e a Banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín.
  • 21:30 a 22:30 horas: Grupo América, na praza García Barbón.
  • 23:30 a 01:30 horas: Grupo América, na praza García Barbón.

 

DOMINGO 2 DE ABRIL

  • 18:00 horas: Actuación de Candaira, na praza da Mercé.
  • 20:30 horas: Grupo Fama, na praza García Barbón.

 

Actividades deportivas (día 2 de abril)

  • 10:30 horas: Torneo Escolas Deportivas de Natación, na piscina climatizada de Verín. Participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube e Nataçao C. Chaves.
  • 16:30 horas: Paseo en bicicleta. Saída dende a Alameda cun percorrido pola Ecovía do Támega ata a Veiga de Castrelo do Val, con avituallamento durante o traxecto. Evento gratuíto (non é necesaria inscrición).
  • 17:00 horas: Partido de veteranos de fútbol entre o Verín e o Chaves, no complexo deportivo da Granxa.

 

Actos relixiosos (domingo 3 de abril)

  • 12:00 horas: Misa na Igrexa Parroquial Santa María a Maior.
  • 12:45 horas: Procesión ata San Lázaro.

 

NOTICIAS VERÍN | Queres coñecer polo miúdo a programación do Lázaro?