viernes. 19.04.2024
190610_XORNADAS PREVENCION CONDUTAS ADICTIVASAgrupación de Alcólicos Anónimos de Ourense Agrupación de Alcólicos Anónimos de Ourense IMG_4130 CMZ
Charla da Agrupación de Alcohólicos Anónimos de Ourense no IES Xesús Taboada Chivite.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e o departamento de Psicoloxía (Servizos Sociais) do Concello de Verín organizaron en maio e xuño unha serie de charlas informativas sobre condutas aditivas que foron impartidas no IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli e o Colexio Apostólico Mercedario, os centros de ensino secundario da vila.

O proxecto, no que colaboraron membros da Agrupación Alcohólicos Anónimos de Ourense, ofreceu aos estudantes a oportunidade de escoitar testemuños reais sobre as consecuencias do abuso e consumo de substancias. Os responsables dos centros educativos participantes nas xornadas valoraron moi positivamente esta iniciativa dado o “gran impacto causado entre os xóvenes”.

Ademáis, dende a oficina de xuventude aproveitaron para facer entrega duns trípticos informativos do carné xove, para achegar aos alumnos as vantaxes e aclarar as dúbidas sobre este recurso.

Os institutos da vila reciben a Alcohólicos Anónimos en charlas informativas para os...