viernes. 19.04.2024
estradadelaza
A regulación semafórica na intersección entre Avenida de Laza de Rosalía de Castro incluirá o repintado da senalización horizontal.

O caos circulatorio que nas principais horas do día se vive entre as rúas Irmáns Fernández Álvarez, Rosalía de Castro e Avenida de Laza pode ter os días contados. Segundo confirmou o rexedor municipal, Gerardo Seoane, nos vindeiros días comezarase a instalación da regulación semafórica nunha das interseccións máis transitadas da vila, por mor, entre outras cousas, do reclamo comercial dunha coñecida superficie de alimentación. Ademais, procederase ao repintado da sinalización horizontal e dos pasos para peóns actualmente existentes. 

A afluenza de clientes ao Mercadona así como os accesos á rúa Muralla, que comunica directamente coa praza da Alameda, xunguido á proximidade do centro escolar de Amaro Refojo, convirten a ese punto nun dos lugares do tráfico da vila máis caótico, que dende a concellería do ramo confían en ordenar coa nova regulación semafórica que se estreará en poucas semanas. 

Entre os obxectivos do grupo de Goberno está tamén eliminar os estacionamentos en batería da rúa Rosalía de Castro, e convertilos en prazas de aparcamentos en liña. 

O Concello de Verín instalará semáforos preto do Mercadona para regular o caos...