martes 23.07.2019
Poderán adquirirse libros, revistas, cómics ou xogos

Inaugúrase por décimo ano consecutivo o servizo de Biblio-piscina en Verín

Inauguración Biblio-pisicina | FOTO: CONCELLO DE VERÍN.
Inauguración Biblio-pisicina | FOTO: CONCELLO DE VERÍN.

O servizo de Biblio-piscina de Verín, que se ofrece nas piscinas descubertas de A Granxa, foi inaugurado hoxe. A actividade, que leva dez anos producíndose, ten coma fin que os usuarios da instalación deportiva poidan acceder e potenciar a lectura, así coma extender os servicios bibliotecarios a este ámbito.

Á inauguración acudiu a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, quen quixo agradecer a súa labor aos voluntarios e animalos a seguir con este tipo de iniciativas, esperando que cada ano sexan máis os que decidan seguilas.

As persoas que queiran acceder ao servizo teñen á súa disposición ata 300 libros, revistas e cómics entre os que escoller, estando en castelán, galego e portugués, así coma xogos de mesa. Os usuarios que queiran participar só terán que deixar unha prenda a cambio do xogo ou libro en cuestión.

A Biblio-piscina funcionará de luns a domingo ata o mes de setembro, en función da climatoloxía. O seu horario habitual será de 17:00 h a 20:00 h.
Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, entre as 10:00 h e as 13:30 h e de 16:30 h a 19:30 h.

Por actividades coma esta, a Biblioteca Municipal de Verín foi recoñecida na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

Inaugúrase por décimo ano consecutivo o servizo de Biblio-piscina en Verín
comentarios