viernes. 19.04.2024
208909617_1922415614575386_4328186414425952500_n
O propietario, José Manuel Barrio (esquerda) inaugura a súa segunda residencia xunto co presidente Mañueco e o alcalde, Javier Faúndez. | FOTO: Cedida

A residencia de anciáns 'María Teresa Blanco Barja' xa abriu as súas portas. Tras ser presentada aos veciños o pasado día 15 de xuño, foi inaugurada polo seu dono, o orriolense José Manuel Barrio, acompañado polo presidente da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, na localidade zamorana de Trabazos de Aliste. Estiveron tamén presentes a conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades, Isabel Blanco, e o alcalde do municipio, Javier Faúndez, quen xa acudira tamén á xornada de portas abertas facendo incluso de guía para os visitantes.

A3C9F4D0-2E0C-4C10-B856-FC415B7E03E6Os asistentes á inauguración, entre os que destacan o presidente, Fernández Mañueco, e algúns dos familiares de Barrio. | FOTO: Cedida

O centro está construído seguindo a filosofía moderna e innovadora da futura lei autonómica (de Castela e León) de residencias de maiores, para que os usuarios teñan un estilo de vida o máis similar posible ao que poderían ter nas súas casas en condicións de normalidade.

Este xeriátrico comezará a funcionar nos vindeiros días con 42 prazas e 25 postos de emprego directos, aínda que xa está proxectada unha ampliación para 2022, coa que alcanzará a capacidade de atender a 110 residentes e que suporá a contratación de 20 persoas máis. 

44b0cc05-b80e-4606-b08d-e2077eb8c7ce_16-9-aspect-ratio_default_0A sala de fisioterapia da residencia. | FOTO: Cedida

Previsiblemente será unha das empresas máis importantes da zona en canto á xeración de emprego e contribuirá, desta forma, a xerar riqueza e fixar poboación nova no medio rural nunha comarca tan envellecida. A ubicación fronteiriza de Trabazos permitirá dar servizo a maiores da zona, de toda a provincia e, incluso, de Portugal.

O presidente de Castela e León inaugurou a nova residencia "María Teresa Blanco Barja",...