sábado 21.09.2019
Acábaselle de conceder a participación no programa internacional da Unión Europea

O IES Xesús Taboada Chivite de Verín marcha de Erasmus a Portugal, Hungría, Finlandia e Italia

A fachada do IES Xesus Taboada Chivite | FOTO: Xosé Lois Colmenero
A fachada do IES Xesus Taboada Chivite | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Esta mesma mañá, a dirección do centro de estudo verinense recibía unha moi boa nova. Para os dous próximos cursos académicos, tanto profesores coma alumnos terán o privilexio de viaxar a catro países europeos, Portugal, Hungría, Italia e Finlandia, para traballar en temas relacionados con identidade, diversidade, inclusión social e convivencia escolar.

O profesorado integrado no proxecto será o encargado de planificar a selección do alumnado que participará no desenvolvemento da temática do proxecto. O designio do IES Xesus Taboada Chivite é que o alumnado mellore na aprendizaxe de idiomas estranxeiros a través da promoción da ampla diversidade lingüística da Unión Europea e da sensibilización intercultural.  

O IES Xesús Taboada Chivite de Verín marcha de Erasmus a Portugal, Hungría, Finlandia e...
comentarios