jueves. 25.04.2024
56242543_2736614859712726_7943507349270953984_n
O cartel do acto de presentación da candidatura

Este xoves 4 de abril na Casa da Cultura de Verín, terá lugar o acto de presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio na vila.

O partido presentará ás 20:30 h ao candidato á alcaldía de Verín, Diego Lourenzo Moura, pero tamén contará coa presenza do candidato ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés; e coa máis que notable presenza da portavoz nacional do BNG e deputada no Parlamento de Galiza, Ana Pontón.

Neste acto, pretenden poñer en coñecemento de todo aquel que queira achegarse a escoitar, as propostas que fará o partido para mellorar a vila.

.
 

Hoxe ás 20.30 celebrarase o acto de presentación de candidatura do BNG en Verín