martes 24/11/20
A marcha comenzará ás 11:30 horas dende a praza do Concello verinense

Convocada unha concentración dos hostaleiros este martes diante da Casa do Concello de Verín

A rúa Montemaior -na imaxe- volverá a estar sen terrazas, polo menos, un mes máis. | FOTO: Noelia Caseiro.
A rúa Montemaior -na imaxe- volverá a estar sen terrazas, polo menos, un mes máis. | FOTO: Noelia Caseiro.

"Estamos loitando polos nosos negocios, porque é o pan dos nosos fillos. Nós non somos unha lacra", son algunhas das consignas que os convocantes esgrimen na mensaxe de Whatsapp coa que se está organizando a marcha prevista para o vindeiro martes ás 11:30 horas diante das portas do Concello de Verín. 

Os máis dun cento de profesionais do sector queren así manifestar a súa completa repulsa á decisión da Xunta de Galicia de pechar os bares e cafeterías da vila, sen considerar o esforzo inicial -anticipándose a toda a comunidade e sendo exemplo para grande parte do país- protagonizado cando decidieron os seus donos, en comunión do grupo de Goberno local, pechar a porta o 13 de outubro e ata o día 31. 

Segundo indican nas instruccións que están facendo chegar vía Whatsapp, "quedaremos todos diante do Concello ás 11:30 horas e estaremos alí sobre 15 minutos, respectando as distancias de seguridade, portando as respectivas máscaras (...). A idea é colocarnos nas beirarrúas, manteñernos quietos no mesmo sitio durante 15 minutos e, seguidamente, de maneira organizada ir avanzando paso en fila polas beirarrúas das principais rúas da vila", explican los convocantes. 


 

Convocada unha concentración dos hostaleiros este martes diante da Casa do Concello de...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade