O reconto diario de diagnósticos activos este luns no concello verinense era de 50

Gromo na Gudiña con tres positivos e outros cinco casos máis rexistrados en dous surtos de Verín

Centro de saúde da Gudiña. | FOTO: Recuperada.

Dous dos gromos rexistrados a pasada semana na vila de Verín veñen de agruparse pola súa orixe logo de sumaren, entre os dous, cinco casos novos máis. Tamén A Gudiña se estrea na listaxe de municipios con surtos por COVID-19.

 

No día de hoxe, o Sergas vén de comunicar novos casos circunscritos a gromos de coronavirus na comarca, que é cando se dan tres ou máis positivos cunha orixe común. 
Un deles rexistrouse na Gudiña, cun home de 34 anos e dúas mulleres maiores afectados pola COVID-19.

Os outros cinco casos notificados esta tarde correspóndese a dous surtos da pasada semana na vila de Verín, cunha orixe social e familiar. A agrupación dos dous gromos, de inicialmente 6 e 5 afectados, deixa un total de 16 diagnósticos, coa incorporación ao grupo xa consolidado de dúas mulleres de 20 e 53 anos e tres homes de 59, 55 e 59 anos. 

No concello verinense, que dende o pasado sábado rexistra diariamente os casos activos reportados polo Sergas, eran 50 os contabilizados a primeira hora desta mañá de luns