Xoves. 28.03.2024
210317 PUENTE QUIEZAS_FINALIZACION PRIMERA FASE _2 (FILEminimizer)
Así loce a nova ponte sobre o Támega en Queizás, coa súa estrutura xa rematada. | FOTO: Carlos Montero.

O Concello de Verín acabou hoxe as obras de construcción da nova ponte de Queizás. Nesta primeira fase rematouse a estrutura completa do viaduto. 

Na segunda etapa deste proxecto procederase a unir a pasarela co polígono industrial de Pazos, asignándolle así un novo acceso á vez que o conectan coa estrada N-532, a que une Verín coa fronteira portuguesa

A finalidade deste proxecto é, principalmente, a de liberar ó centro do tráfico pesado, fundamentalmente dos camións que se dirixen á zona industrial de Pazos. Isto permitirá tamén que se desconxestione a circulación da N-525, algo que será moi positivo para o núcleo de Verín e arredores

210317 PUENTE QUIEZAS_FINALIZACION PRIMERA FASE _3 (FILEminimizer)

Dita actuación conleva un investimento total de 1 millón de euros, para o que o Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) aporta 800.000 euros e os 200.000 euros restantes pertencen a fondos propios municipais.

A segunda fase 

Co remate destas obras o Concello de Verín dá luz verde para iniciar a segunda fase, que terá unha inversión de 600.000 euros, para levar a cabo a unión xa citada. Gerardo Seoane, rexedor da vila, alegou que "coa finalización desta segunda fase completarase o novo viario perimetral que servirá de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75, de maneira que os camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así as emisións contaminantes"

O Concello de Verín remata a construción da nova ponte de Queizás