Pouco despois das sete de mañá tiña lugar, á altura dos números 6 e 8 da avenida de Laza de Verín, un aparatoso sinistro de tráfico que se saldou co conductor da furgoneta que o orixinou con lesións que o obrigaron a trasladalo ao servizo de Urxencias do Hospital Comarcal.
Segundo aseguran testemuñas presenciais, o ferido, traballador das obras do AVE, e que se dirixía ao centro da vila pola avenida de Laza, perdeu o control do seu vehículo por motivos que aínda se descoñecen e acabou impactando contra dos automóbiles que estaban estacionados na mesma vía pero no sentido contrario da marcha do primeiro. O conductor da furgoneta invadiu o carril contrario e bateu, frontolateralmente, cun Peugeot 207 vermello e un VW Golf blanco.
A furgoneta que causou os danos acabou invadindo o carril contrario ao da súa circulación.
Ata o lugar se desprazaron os efectivos de emerxencias (Bombeiros, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia), para trasladar ao ferido leve ao hospital e restablecer a circulación nunha vía que soporta un importante volume de vehículos á hora do sinistro e seguintes.
Un despiste ao volante ou mesmo un lixeiro capítulo de somnolencia do operario das obras do AVE son as causas do sinistro que os investigadores barallan arestora.
O primeiro automóbil con danos estaba estacionado á altura do número 8 da avenida de Laza.