martes. 16.04.2024
_DSC0054
Os comerciantes planean saír ás rúas esta mesma tarde se non hai unha rectificación. | FOTO: Carlos Gómez.

O subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución de COVID - 19 en Galicia vén de acordar o establecemento de novas medidas restritivas nos concellos de Vilalba e A Laracha, ao tempo que decidiu  suavizar as restricións vixentes no concello ourensá do Carballiño.

Tras a xuntanza deste venres, o grupo de expertos que avalía a expansión do coronavirus na comunidade galega acordou incorporar dous novos concellos ao grupo de municipios con restricións especiais.

Entre as novas decisións adoptadas hoxe destaca o levantamento das restricións especiais no concello do Carballiño, onde, desde esta medianoite, rexerán as medidas do nivel 2, concello que ten arestora 23 casos activos cando en Verín, ás 9:00 horas de hoxe eran de tan só de nove

Feijóo asáñase con Verín mantendo o peche con só nove casos activos