luns 10/08/20
O Centro de Desenvolvemento Rural é o encargado de recoller e facerlle chegar os obxectos ás familias da comarca

Portas Abertas pide axuda para unha familia que precisa con urxencia enxoval de cociña e roupa de cama

O fogar solicita roupa de cama de 1,50 m e enxoval de cociña, de maneira urxente. Aquelas persoas que queiran colaborar deben contactar co Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas no teléfono 988.41.72.32.

Publicación compartida polo CDR Portas Abertas na súa conta de Facebook. | FOTO: Recuperada.
Publicación compartida polo CDR Portas Abertas na súa conta de Facebook. | FOTO: Recuperada.

O CDR Portas Abertas é unha entidade que leva a cabo programas sociais na comarca de Verín e que proporciona axuda a colectivos en risco de exclusión e servizos de cobertura para necesidades básicas (entrega de material escolar, comida, medicamentos ou roupa). Nese propósito, a institución vén de facer pública a necesidade de colaboración da cidadanía para que acheguen, á maior brevidade posible, enseres de cociña e roupa de cama para unha familia necesitada da comarca, que lle fixo nas últimas horas esa petición expresa. Os interesados en facer as doazóns poden obter maior información chamando ao 988.41.72.32.

Fai 15 días, a entidade demandou unha bicicleta para unha nena da comarca que a precisaba para ir á ludoteca e conseguírona mediante a doazón dunha familia veciña. Segundo a propia organización, "a xente soe responder moi ben a este tipo de chamadas: ao movelo polo Facebook, a resposta tende a ser bastante pronta".

Actividade Actividade "Contacontos pola igualdade", dentro do programa de conciliación de verán do CDR Portas Abertas. | FOTO: Recuperada.

A organización colabora cos servizos sociais dos concellos da comarca para apoiar á población verinense da forma máis integral posible, a través de actividades levadas a cabo no ámbito social: conciliación, programas de becas comedor (en colaboración coa Fundación EDUCO), reforzo escolar para nenos de familias en risco de exclusión social e orientación laboral, entre outras. A entidade conta incluso cunha orientadora laboral contratada para aportar maior profesionalidade aos programas de integración.

 Dende o CDR Portas Abertas, explican que sempre se coordinaron cos Concellos e os servizos sociais da comarca, pero "a raíz da crise sanitaria da Covid, esta colaboración viuse aínda máis reforzada". Explican que a situación potenciou un crecemento notable na demanda de axudas ao pago de alquileres: por parte de persoas que non cobraban os ERTES (Expedientes de regulación temporal de emprego) ou que traballaban en condicións legalmente cuestionables antes do confinamento. 

Programa do CDR Portas Abertas, en colaboración coa Fundación Banco Santander, para traballar a estimulación cognitiva coas persoas maiores. | FOTO: Recuperada.Programa do CDR Portas Abertas, en colaboración coa Fundación Banco Santander, para traballar a estimulación cognitiva coas persoas maiores. | FOTO: Recuperada.

Os programas de atención integral a persoas maiores, de garantía xuvenil, de atención urxente a persoas con especial necesidade tamén se atopan entre as súas liñas de traballo, así como a atención a persoas con diversidade funcional e a integración socio-laboral de persoas inmigrantes. 

Portas Abertas pide axuda para unha familia que precisa con urxencia enxoval de cociña...
comentarios