martes 24/11/20
Xa son 10 os usuarios da Residencia "Val de Monterrei" falecidos pola COVID - 19

Falece por coronavirus unha muller de 78 anos no Hospital de Verín

O pasamento tivo lugar nas últimas horas. Trátase da décima morte por COVID - 19 de usuarios da Residencia "Val de Monterrei"

Instalacións da Residencia "Val de Monterrei". | FOTO: Noelia Caseiro.
Instalacións da Residencia "Val de Monterrei". | FOTO: Noelia Caseiro.

Unha muller de 78 anos faleceu nas últimas horas no Hospital de Verín. Trátase dunha usuaria da Residencia "Val de Monterrei" que se atopaba hospitalizada pola infección no centro hospitalario da vila verinense. O pasamento vén de ser comunicado polo Servizo Galego de Saúde. Xunto con esta, xa son dez os usuarios da residencia de maiores de Monterrei falecidos nesta segunda vaga da pandemia. 

Continúan os falecementos de usuarios de residencias na provincia de Ourense

Ademáis do pasamento producido en Verín, no día de hoxe faleceron outras tres mulleres usuarias da Residencia "Os Gozos" de Pereiro de Aguiar. Segundo informan as autoridades sanitarias, as tres mulleres de 92, 95 e 99 anos; atopábanse hospitalizadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde non puideron superar a infección logo de terse contaxiado no gromo producido no interior da residencia de maiores. 

Falece por coronavirus unha muller de 78 anos no Hospital de Verín
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade