Novo falecemento por coronavirus dun residente do xeriátrico de Albarellos

Morre un home de 77 anos no Hospital de Verín, undécimo usuario da Residencia "Val de Monterrei" falecido por COVID-19

Residencia "Val de Monterrei" en Albarellos. | FOTO: Noelia Caseiro.

Con esta xa son 11 as vidas que o coronavirus se levou na Residencia "Val de Monterrei".

Falece un home de 77 anos por coronavirus no Hospital de Verín. Así vén de notificalo o Servizo Galego de Saúde. O falecido atopábase ingresado no hospital da vila verinense logo de se ter contaxiado sendo usuario da residencia de maiores "Val de Monterrei". Con esta xa son 11 as mortes producidas na residencia de maiores situada no concello de Monterrei.

No día de hoxe producíronse un total de 21 falecementos por coronavirus en todo o país, tres deles na provincia de Ourense, segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia.