jueves. 25.04.2024
Residencia Val de Monterre, en Albarellos. | FOTO: Noelia Caseiro.
Residencia "Val de Monterrei" en Albarellos. | FOTO: Noelia Caseiro.

Falece un home de 77 anos por coronavirus no Hospital de Verín. Así vén de notificalo o Servizo Galego de Saúde. O falecido atopábase ingresado no hospital da vila verinense logo de se ter contaxiado sendo usuario da residencia de maiores "Val de Monterrei". Con esta xa son 11 as mortes producidas na residencia de maiores situada no concello de Monterrei.

No día de hoxe producíronse un total de 21 falecementos por coronavirus en todo o país, tres deles na provincia de Ourense, segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia.

Morre un home de 77 anos no Hospital de Verín, undécimo usuario da Residencia "Val de...