martes. 23.04.2024
211237579_189198709881982_5905861544951442140_n-min
Emilio Butragueño visita a Acrópole de Monterrei.

Non hai dúbida de que o Castelo de Monterrei é un dos grandes reclamos turísticos da nosa zona e nas últimas horas, foi o escenario dunha visita moi salientable. Trátase do exfutbolista e actual director de relacións institucionais do Real Madrid, Emilio Butragueño.

A lenda do fútbol fixo parada na nosa comarca dentro dun percorrido por toda a provincia de Ourense, na cal aproveitou para coñecer a historia da Acrópole de Monterrei e os recursos do xeodestino Verín-Viana.

Este conxunto histórico e artístico de Monterrei, protexido por un recinto defensivo considerado o máis grande toda Galicia, recibe cada ano milleiros de visitantes de tódalas partes do mundo.

O exfutbolista Emilio Butragueño, de turismo en Monterrei