mércores 25/11/20
O incendio comezou pasadas as cinco e media da tarde moi cerca da autovía A-52

Estabilizado o lume que queimou unhas 6 hectáreas na parroquia verinense de Ábedes

Primeiros instantes do lume que esta tarde arrasou 6 hectáreas nos montes de Ábedes. | FOTO: Brigada do Maroxo.
Primeiros instantes do lume que esta tarde arrasou 6 hectáreas nos montes de Ábedes. | FOTO: Brigada do Maroxo.

Pouco despois das nove da noite, segundo informa a Consellería de Medio Rural, quedaba estabilizado o lume que case catro horas antes se declaraba na parroquia de Ábedes, moi cerca da autovía A-52, no termo municipal de Verín. As lapas queimaron unhas 6 hectáreas de monte raso e arboredo e chegaron a estar a medio kilómetro das vivendas da localidade. 

Nas labores de extinción participaron oito brigadas, catro motobombas, tres axentes forestais, un técnico, dous hidroavións e tres helicópteros. 

Estabilizado o lume que queimou unhas 6 hectáreas na parroquia verinense de Ábedes
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade