Venres. 29.03.2024
Entroido Verín 2021
Campaña ''Entroido de Verín, sempre latexando''. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín lanza unha campaña que ten por obxectivo manter o espírito do Entroido vivo na localidade, nun ano onde o protagonista foi a Covid - 19. Ao reparto das ''mascarillas entroideiras'' nos centros educativos, sumaselle un proxecto de visibilización, nas plataformas dixitais institucionais. Ademais organizarase a distribución, entre os establecementos comerciais, de pancartas para os balcóns e chapas, destinadas aos verinenses.

''Entroido de Verín, sempre latexando''. Este é o nome co que se bautiza á campaña, con varias accións específicas que comezan o xoves de compadres, e finalizan o vindeiro mércores de cinza.

Á esquerda, o cartaz ganador do concurso na edición 2019 do Entroido.Cartaz edición 2019 do Entroido. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

A distribución masiva de chapas e pancartas de balcón conta coa colaboración da Asociación de Hostaleiros de Verín (Aehcom) e da Asociación de Empresarios de Verín (Aever). As persoas interesadas en adquirir este material promocional, que estará dispoñible a partir do venres 5 de febreiro, só teñen que buscar o distintivo da campaña: ''Entroido de Verín, sempre latexando'' nos escaparates dos establecementos. Así o aclaraba o presidente de Aever, José Ángel Rodicio, ''ademais de decorar os nosos locais comerciais, recibiremos aos nosos clientes, como non podería ser doutra maneira, disfrazados''.

Ademais de decorar os nosos locais comerciais, recibiremos aos nosos clientes, como non podería ser doutra maneira, disfrazados (José Ángel Rodicio, presidente de Aever)

Emilia Somoza, concelleira de Educación Cultura e Festexos do Concello explicaba que, ''despois de barallar diferentes posibilidades decidimos que esta é a maneira máis operativa de repartir o material promocional. Deste modo, ademais de contar con máis dun centenar de puntos de distribución, contribuímos a que os verineses e verinesas acudan ás súas tendas de confianza, fomentando en certa medida a realizar as súas compras, desde a responsabilidade, no comercio local''.

Contribuímos a que os verineses e verinesas acudan ás súas tendas de confianza, fomentando en certa medida a realizar as súas compras no comercio local (Emilia Somoza, concelleira de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín)

Outra das accións programadas será unha campaña promocional que se lanzará a través da web e redes sociais oficiais do concello. Consistirá na reedición do diferente material audiovisual recompilado nas últimas edicións do Entroido, co que se realizarán publicacións diarias que permitirán rememorar todos os grandes momentos que se viven durante o festexo.

Cabe destacar, que ante a gran acollida que tiveron as ''mascarillas entroideiras'' poranse á venta ao público xeral. Os cubrebocas poderán mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno) por un prezo de cinco euros, entre o luns 8 e o venres 12 de febreiro. O horario será:

  • Pola mañá: de 10:00 a 13:00
  • Pola tarde: de 16:00 a 18:00 horas

210122 DISENO MASCARILLA CIGARRONDeseño ''mascarillas entroideiras'' do Concello de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín artella unha campaña para manter vivo, "dende a responsabilidade",...