Venres. 29.03.2024
PSOE Encontro coa cidadacía
Gonzalo Caballero visitará Verín o vindeiro mércores, 30 de outubro.

O próximo 10 de novembro voltamos ter eleccións xerais, logo de que ningún candidato obtivera o apoio do Congreso para a súa investidura como presidente do Goberno Español. Desta vez, existe variación no calendario electoral, reducíndose os días de campaña dos 15 habituais ós 8.

A pesares de que a campaña electoral non dará comezo oficialmente ata o primeiro de novembro, será dous días antes, o mércores 30 de outubro, cando o Partido Socialista de Galicia celebre en Verín o acto político "Encontro coa cidadanía". Será na Casa da Cultura da vila ás 20:00 horas.

Estarán presentes no acto o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a candidata ó Congreso, Marina Ortega, e o candidato ó Senado, Juan Carlos Francisco.

Gonzalo Caballero visita Verín no marco da iniciativa política "Encontro coa cidadanía"