17 de octubre de 2020, 17:18
Un total de 12 son arestora os casos positivos activos nos municipios de Verín e Monterrei. Segundo vén de informar a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, os centros escolares dos dous concellos con diagnósticos de coronavirus entre o seu alumnado son os seguintes:
- IES García Barbón: 1 (novo caso rexistrado nas últimas horas)
- Colexio Apostólico Mercedario: 2
- CPI María Inmaculada: 5 (sobe tres casos nas últimas horas)
- IES Xesús Taboada Chivite: 1
- CRA Monterrei: 3 (un novo caso nas últimas horas)