Xoves. 28.03.2024
Diego Lourenzo premia a labor de Emilia Somoza en Cultura situándoa de segunda

O doutor Eugenio Quintas, a fichaxe máis destacada da lista do BNG para acadar a alcaldía de Verín

O vindeiro xoves día 4, ás 20:30 horas, o BNG de Verín presentará de xeito público a candidatura á alcaldía da vila. Estará encabezada, de novo, por Diego Lourenzo Moura. Seguiralle Emilia Somoza, que ve recompensado o seus esforzo e adicación dos últimos catro anos ao fronte da concellería de Cultura. O doutor Eugenio Quintas ocupará o terceiro lugar.

O teniente de alcalde de Verín e candidato polo BNG, Diego Lourenzo Moura.
O teniente de alcalde de Verín e candidato polo BNG, Diego Lourenzo Moura. (FOTO: CARLOS MONTERO)

O doutor do hospital comarcal Eugenio Quintas é a incorporación máis destacada do Bloque Nacionalista Galego para concorrer aos comicios municipais do vindeiro 26 de maio. O nome, que será ratificado este xoves na presentación oficial da candidatura na Casa da Cultura da vila, está confirmado dende fontes do propio BNG. No acto no que se coñecerán ao resto de integrantes, previsto para as 20:30 horas, estará presente o candidato por Ourense ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés e a voceira nacional do BNG no Parlamento de Galicia, Ana Pontón.

Fontes da formación frentista confirmaron que a lista será totalmente paritaria, contando, entre as 24 persoas que a conforman (17 posibles edís e 7 suplentes), co mesmo número de mulleres que de homes. Ademais, haberá ata catro independentes -é dicir, integrantes da lista non adscritos ao BNG- entre os nove primeiros lugares da candidatura. Todo fai indicar, ademais, que a actual edila do Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza, quen desempeñou unha destacada labor nos últimos catro anos, estará nos postos de saída ocupando o número dous da lista nacionalista.

O doutor Eugenio Quintas, a fichaxe máis destacada da lista do BNG para acadar a...