para poder optar a esta oferta só é preciso inscribirse no pranta baixa da praza de abastos

Os xubilados poderán comer por seis euros no centro de día de Verín

Aqueles que opten por xantar no centro de día utilizarán as instalacións do comedor da imaxe.
O Concello de Verín aposta por darlle unhas condicións de vida dignas aos seus administrados. Aqueles xubilados ou maiores de 50 anos con algunha discapacidade teñen ao seu dispor a posibilidade de xantar só por 6 euros no centro de día de Verín

Os xubilados de calquera idade e condición, e aqueles que sin selo sexan maiores de 50 anos e posúan unha discapacidade, teñen ao seu dispor dende onte, no centro de día Raiola de Verín, a posibilidade de xantar, con dous pratos, pan, bebida e postre, por un prezo fixo de seis euros. Para poder optar a ese menú, que variará todos os días e terá, sempre como opción, a escolla entre carne e pescado, só é preciso achegarse ata as instalacións do centro de día para maiores de Verín, en horario de oito da mañá a oito da tarde e deixar o seu nome acreditando a súa condición de xubilado

Dende ese preciso momento, poderán optar a xantar todos os días do ano, agás domingos e festivos, no comedor do centro de día e mesmo terán a posibilidade de levar para o seu domicilio a cea a un prezo menor, só 3,5 euros e un só prato.