Unha muller de 91 anos e un home de 81 son as dúas novas baixas da COVID - 19

Dous novos falecidos no hospital de Verín no día no que entrarán en vigor as restriccións en toda a comarca

Uno de los trabajadores del hospital verinense recoge una muestra de PCR.

Este mércores no que entrarán as restriccións ampliadas para Verín e as da fase 2 para o resto dos concellos da comarca coñecéronse dous novos falecementos no hospital público da vila. Trátase dunha muller de 91 anos e un varón de 81, os dous foran diagnosticados de coronavirus e presentaban patoloxías previas.

En toda a comunidade autónoma galega faleceron catro persoas. Ademais das rexistradas en Verín, están os finamentos dunha muller de 66 anos en Pontevedra e outra de 90 falecida en Vigo.