sábado. 20.04.2024
O cabeza de lista de En Marea reúnese este venres con Aever e dará un mitin o sábado na praza

Dobre cita do candidato por Ourense, Iván Olmos, en Verín

En Marea terá esta fin de semana una activa presenza na vila. Este venres, dende as 16:30 horas na sede de AEVER, o candidato da formación cidadanista por Ourense ao Congreso, Iván Olmos, reunirase cos empresarios e comerciantes de Verín. O sábado, o voceiro nacional de En Marea, Luís Villares, estarao acompañando no mitin da Praza García Barbón, ás 12:30 horas.

ivantvg
Iván Olmos Ferreiro, nunha imaxe previa á súa participación no debate nacional da Televisión de Galicia.

Iván Olmos Ferreiro, o líder da lista ao Congreso da formación cidadanista En Marea por Ourense, terá esta fin de semana santa unha dobre cita na vila de Verín. O candidato, que protagonizou a participación máis valorada no debate que Diario do Támega organizou o pasado xoves, co resto de cabezas de cartel de PP, PSdeG e BNG, reuniráse mañá venres, dende ás 16,30 horas, con comerciantes e empresarios da vila asociados no colectivo AEVER, na sede da asociación. Á xuntanza acudirá tamén o activo parlamentario autonómico do partido de Villares, o ourensá de Manzaneda Davide Rodríguez. Os dous achéganse ata Verín para coñecer de primeira man as preocupacións do tecido industrial e comercial do municipio, e artellar entre todos as propostas que poidan presentar en Madrid para potenciar o comercio de proximidade.

Case 24 horas despois, dende as doce de mediodía deste sábado, a cidadanía de Verín e a comarca está convocada ao mitin que a formación En Marea celebrará ao aire libre na Praza García Barbón. Estarán presentes, además de Iván Olmos -número un ao Congreso dos Deputados-, o voceiro nacional de En Marea, Luís Villares; Millán Brea -número un ao Senado por Ourense de En Marea-, Ana Earley e Jorge Lorenzo, o único representante comarcal nas listas aos comicios do vindeiro 28 de abril.

Todos os asistentes estarán convidados máis tarde a unha consumición nos establecementos próximos á praza García Barbón, estos son: Gallofa, Ágora, Souto das Candeas, Capri, O Lure, A Brasa, Gandainas, Vinoteca Gandainas, Bar Liló e K-tdral.

Dobre cita do candidato por Ourense, Iván Olmos, en Verín