venres 10.07.2020
Ás 20:30 horas, a poboación volverá a concentrarse para reclamar un mellor trato para o centro hospitalario

Convocada unha concentración para este xoves diante do hospital co lema "Verín non esquece"

Diante das portas do hospital de Verín, este xoves ás 20:30 horas está convocada a cidadanía para seguir facendo do centro hospitalario da vila "un gran hospital", como así o definira Feijóo nun mitin no pavillón polideportivo. 

Dermatoloxía ou Reumatoloxía son as especialidades que máis coxean de profesionais. 

O 30 de novembro, Verín defendeu coma nunca ao seu hospital baixo o lema #VerínNonSePecha. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O 30 de novembro, Verín defendeu coma nunca ao seu hospital baixo o lema #VerínNonSePecha. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Aínda que a cidadanía de Verín conseguíu unha importante victoria ao restablecer o servizo de partos no paridoiro verinense coa incorporación dunha pediatra ao equipo de traballo do hospital, segue habendo deficiencias na prestación dos servizos sanitarios nel. Os pacientes de Dermatoloxía seguen viaxando ata Ourense para as súas consultas, o número de anestesistas continúa sendo escaso -segundo critican os membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei- e tamén é destacada a falta de efectivos entre o cadro de celadores e técnicos en coidados auxiliares de enfermería. 

Tamén o servizo de Reumatoloxía coxea. Semanas atrás, o xefe do Servizo de Medicina Interna asumía parte das consultas desa especialidade, ante o estupor de grande parte dos seus compañeiros médicos, aducindo a xustificación de tentar reducir os periodos de espera. 

Cartel do #VerínNonEsquece.Cartel que anuncia a convocatoria deste xoves diante do hospital da vila. 

Por todo anterior, e mesmo tamén polas restriccións que segue habendo nos centros de saúde, onde se prioriza a atención telefónica se se solicita unha cita vía telemática, está convocada unha concentración para este xoves 25 de xuño ás 20:30 horas diante do hospital da vila.

O lema escollido, aínda que #VerínNonSePecha segue vivo, é o de #VerínNonEsquece.

Convocada unha concentración para este xoves diante do hospital co lema "Verín non...
comentarios