Diario do Támega reproducirá este domingo, as 12:00 horas, os mellores momentos do domingo gordo do 2020
EN DIFERIDO | Quen dixo que mañá non hai desfile?
13 de febrero de 2021 (15:07 h.)
Aínda que o vídeo íntegro está dispoñible na nosa canle de Youtube, este domingo ás 12:00 horas reproducirémolo na nosa páxina de Facebook, como se doutro directo máis se tratase.
Este domingo, ás 12:00 horas e dende a páxina de Facebook de xornal Diario do Támega, co único propósito de contribuír a manter vivo un sentimento que este ano vén impregnado de responsabilidade, reproduciremos os mellores momentos do desfile que este diario emitiu o pasado domingo 23 de febreiro de 2020 en directo.
O vídeo permanece íntegro na nosa canle de Youtube por se é que non poden agardar ata mañá.