martes 22/09/20
Pasou a disposición do xulgado número dous dos de Verín por un presunto delito de estafa

Detido un verinense de 19 anos por pagar 6.500 euros ca tarxeta da nai da súa moza

Axentes da Garda Civil da vila detiveron a S. C. C., un mozo de Verín de 19 anos, acusado por un presunto delito de estafa valorado en 6.500 euros. Está acusado de realizar pagos ca tarxeta da nai da súa moza sen o consentimento da súa titular, entre os meses de marzo e xuño. 

O mozo pasou a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
O mozo pasou a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Axentes da Garda Civil do cuartel de Verín detiveron este xoves a un mozo de 19 anos, S. C. C., veciño de Verín, coma o presunto autor dun delito de estafa logo de que, durante os meses de marzo a xuño deste 2020, realizase pagos coa tarxeta da nai da súa parella sentimental sen o consentimento da primeira delas
Durante o mencionado periodo, as compras realizadas eleváronse a un importe de 6.500 euros. Pasou a disposición do xulgado de instrucción número 2 dos da vila de Verín, acusado dun presunto delito de estafa. 

Detido un verinense de 19 anos por pagar 6.500 euros ca tarxeta da nai da súa moza
comentarios