O dono mantívose atrincheirado na súa vivienda ata o día seguinte, no que depuxo a súa actitude

Detido un veciño de Queizás por ameazar cun coitelo á Garda Civil cando se presentou na súa festa

Os axentes da Garda Civil que actuaron en primeira instancia víronse obrigados a pedir reforzos.

Un home de 30 anos foi detido este mércores pola mañá no seu domicilio de Queizás por organizar unha festa para unhas trinta persoas e ameazar á Garda Civil cunha arma branca cando se lles presentou nela. Estivo atrincheirado ata o día seguinte pola mañá, momento no que depuxo a súa actitude. 

Un veciño de Verín, identificado como I. D. S. P., de 30 anos, foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de ameazas e desobediencia grave, logo de organizar unha festa ilegal no baixo da súa vivenda da localidade de Queizás, na que participaban unhas 30 persoas. Os feitos ocorreron na noite do pasado día 27 cando os axentes tiveron coñecemento de que a esa casa da aldea verinense non deixaban de acudir persoas. 

A colaboración cidadá alertou aos axentes da Garda Civil, que se personaron no domicilio do detido para identificar a cada un dos asistentes e levantar as oportunas actas de denuncia. Cando realizaban o seu traballo, o dono da vivenda comezou a increpalos e ameazalos incluso cunha arma branca e os gardas civís saíron ao exterior do domicilio para pedir reforzos ante a actitude do seu titular

Os axentes, xa en máis número, tentaron acceder de novo pero o dono da casa non llo permitiu, atrincheirándose na vivenda ata o solpor do día 28, no que depuxo a súa actitude e pasou a disposición xudicial logo de permanecer detido no calabozo do cuartel de Xinzo de Limia.