Foros os propios veciños residentes na avenida de Sousas os que onte, cara as dez da noite, alertaron á policía local de Verín de que un home de mediana idade e con domicilio non moi lonxe do lugar, estaba a forzar portais da rúa e varios dos vehículos que estaban estacionados nela. Ata alí se desprazaron unha patrulla dos axentes do Concello de Verín e outra da Garda Civil. No momento da súa detención, o home portaba consigo unha bicicleta subtraída e as chaves dun vehículo que estaba estacionado na rúa Cancelón da vila e que non era da súa propiedade.
Foi detido por entrar en varios dos garaxes, subtraer a bicicleta e quebrantar o confinamento fixado no decreto de alarma aprobado o pasado 14 de marzo. Fixéronse cargo del os axentes da Garda Civil para posteriormente polo a disposición xudicial.
O suxeito é un vello coñecido da vila e das autoridades policiais, cun lixeiro trastorno nas condutas de comportamento.