No momento de detelo levaba con el unha bicicleta furtada e un mañuzo de chaves

A policía local de Verín detén a un varón que forzaba portais e vehículos pola noite na avenida de Sousas

Avenida de Sousas, onde se produciron os feitos este venres pola noite.

Cara as dez da noite deste venres, axentes da policía local de Verín e da Garda Civil detían a un home que merodeaba pola avenida de Sousas, quebrantando a orde de confinamento e logo de furtar unha bicicleta, as chaves dun coche que estaba estacionado na rúa Cancelón e entrar en varios garaxes

Foros os propios veciños residentes na avenida de Sousas os que onte, cara as dez da noite, alertaron á policía local de Verín de que un home de mediana idade e con domicilio non moi lonxe do lugar, estaba a forzar portais da rúa e varios dos vehículos que estaban estacionados nela. Ata alí se desprazaron unha patrulla dos axentes do Concello de Verín e outra da Garda Civil. No momento da súa detención, o home portaba consigo unha bicicleta subtraída e as chaves dun vehículo que estaba estacionado na rúa Cancelón da vila e que non era da súa propiedade.

Foi detido por entrar en varios dos garaxes, subtraer a bicicleta e quebrantar o confinamento fixado no decreto de alarma aprobado o pasado 14 de marzo. Fixéronse cargo del os axentes da Garda Civil para posteriormente polo a disposición xudicial.

O suxeito é un vello coñecido da vila e das autoridades policiais, cun lixeiro trastorno nas condutas de comportamento