jueves. 25.04.2024
A Consellería estima en 66 as hectáreas queimadas entre Vilamaior e Queirugás

Medio Rural da por extinguido o lume de Vilamaior, dende as 10:54 horas

Máis de cen homes, co apoio aéreo de ata oito helicópteros e un hidroavión traballaron dende pouco antes das catro da tarde de onte nas labores de extinción dun lume que se declarou nas proximidades da base contraincendios que Medio Rural ten en Vilamaior, por enriba do santuario de Os Remedios. As lapas asediaron o pequeno núcleo de Marbán e dirixíronse cara Queirugás. Pasadas as 19:30 horas, a Consellería de Medio Rural deuno por estabilizado, é dicir, sin presenza de lapas e cos equipos de extinción refrescando a superficie. Ás 10:54 horas de hoxe mércores, declarouno extinguido.

As lapas asediaron a pequena localidade de Marbán, á dereita da ringleira de vehículos.
As lapas asediaron a pequena localidade de Marbán, á dereita da ringleira de vehículos.

Pouco antes das catro da tarde de onte, declarouse un lume nas inmediacións da base contraincendios que Medio Rural ten no alto do campo de Os Remedios, en Vilamaior. Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, foron 66 as hectáreas que se estima arderon nas pouco más de dúas horas e media que estivo activo o foco. Nas tarefas de extinción participaron 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pala, 1 hidroavión e ata 8 helicópteros distintos.

O lume asediou Marbán, aínda que sin chegar a ocasionar danos materiais nas dúas vivendas dese núcleo, e acabou dirixíndose ata perto de Queirugás, no termo municipal de Verín. O vento que zoou na mesma dirección complicou as labores dos máis de cen homes que loitaron por controlalo.

Pasadas as 19:30 horas, a Consellería do Medio Rural informaba de que o incendio estaba xa estabilizado, xa non había rastro de lapas e os equipos de extinción traballaban no refresco da superficie queimada. Ás 10:54 horas de hoxe mércores, o departamento autonómico declarouno totalmente extinguido.

Medio Rural da por extinguido o lume de Vilamaior, dende as 10:54 horas