jueves. 25.04.2024
portal1
Así se atoparon os veciños a entrada do seu edificio na Praza García Barbón.

Aínda que a Policía Local non foi requerida, todo fai indicar polas imaxes que algún ou varios feridos se rexistraron na madrugada deste luns na praza García Barbón de Verín. Os propietarios do edificio do número 14 atoparon no estado que amosan as fotografías a porta principal, onde tamén se aprezan abundantes restos de sangue. Os feitos, dos que non se teñen polo de agora testemuñas presenciais, ocorreron pouco despois de rematada a festa da discoteca móbil Gramola, xa ben entrados na noite. É o primeiro incidente destacado do Entroido, horas despois de que o pregoeiro deste ano, Manolo "Cazoleiro" pedise insistentemente "sentidiño" á hora da troula.

Os propietarios do inmoble xa puxeron os feitos en coñecemento do Concello de Verín e agardan que "se encargue de repor os danos que se ocasionaron", sinalaron.

Un portal da praza amence con restos de sangue e os cristais rotos logo da noite de...