Venres. 29.03.2024
Casa do Concello de Viana.
Concello de Viana. I FOTO: Iván Iglesias.

O Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos oficiais da incidencia da Covid-19 na localidade, que sobe preocupantemente ata os 25 casos, catro máis que no día de onte. En só tres días, o número de contaxiados experimentou un incremento de 19 casos

Ante esta alarmante situación, terá lugar un cribado poboacional -vía PCR- este mércores 25 entre as 16:00h e as 19:00h no Pavillón Municipal para todas as persoas residentes en Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga que queiran participar. Todos os interesados en realizar a proba diagnóstica, de entre 12 e 39 anos, deberán anotarse a través deste enlace habilitado polo Sergas. Os tres municipios suman arestora 40 casos activos en total e unha incidencia acumulada de 887, 573 e 1284 respectivamente. 

CORONAVIRUS VIANA | O alarmante incremento de casos obriga ao Sergas a realizar un...