Non se rexistraron modificacións nas últimas 24 horas
CORONAVIRUS VERÍN | Verín continúa a ser o concello con máis casos activos da comarca
24 de mayo de 2021 (14:46 h.)
O Servizo Galego de Saúde acaba de facer públicos os datos oficiais da Covid-19 na comarca no día de hoxe. Non se rexistraron modificacións de casos no último día polo que os datos quedan así:
- Verín: 5 casos
- Laza: 2 casos
- Cualedro e Vilardevós: 1 caso
- Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Riós: 0 casos
Verín, por tanto, mantense como o concello onde máis casos positivos se rexistran, unha marca que ostenta dende o pasado día 18 de maio cando, no concello de Laza, comezaron a baixar os positivos de maneira salientable.