sábado. 20.04.2024
Los primeros en llegar a la sala de consultas del Hospital de Verín para recibir la vacuna. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Vacinación no Hospital de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

Os usuarios de 60 a 65 anos recibirán a vacina AstraZeneca, mentres que os de 75 a 79 anos serán inoculados con Pfizer. A campaña de inmunización levarase a cabo no Hospital Comarcal de Verín, onde se vacinará a 1.960 verinenses, 660 da primeira franxa de idade e 1.300 da segunda.

Os citados recibirán un SMS, con confirmación hoxe mesmo, así como unha chamada robótica con verificación mañá, martes día 6. Ademais, os equipos de citación poranse en contacto este mércores coas persoas que non confirmaran a súa asistencia por ningún dos dous medios xa mentados.

Entre o 1 de abril e este luns, o Sergas suministrou en Galicia máis de 61.000 vacinas, coa finalidade de inocular ós maiores de 80 anos antes de que remate este mes. Así mesmo, o Sergas comezará a desprazarse ás vivendas dos que teñan máis desta idade e carezan de mobilidade, compaxinando as primeiras doses en domicilios coas segundas en hospitais e centros de saúde. Para aqueles que non teñen problema para mobilizarse a pauta de vacinación completarase entre finais de abril e principios de maio. 

CORONAVIRUS VERÍN | Vacinación masiva das persoas de entre 60 e 65 anos e de 75 a 79...