Oímbra e Riós manteñen un único positivo
CORONAVIRUS VERÍN | Laza, Vilardevós e Verín perden casos
26 de agosto de 2021 (13:56 h.)
De xeito paulatino seguen baixando os casos na comarca, onde Verín rexistra o maior número deles, aínda que un menos que os contabilizados no día de onte.
Baixan tamén Laza e Vilardevós, dous en cada municipio.
Polo de agora, Castrelo do Val segue a ser o único municipio da contorna libre da Covid.
Así queda a táboa de casos activos:
- Verín: 43 (-1)
- Cualedro: 8
- Laza: 4 (-2)
- Vilardevós: 2 (-2)
- Monterrei: 2
- Oímbra: 1
- Riós: 1
- Castrelo: 0