venres 17/09/21
Tiña patoloxías previas

CORONAVIRUS VERÍN | Falece con Covid-19 unha muller de 92 anos no hospital de Verín

Entrada principal ao hospital de Verín. | FOTO: M. D.
Entrada principal ao hospital de Verín. | FOTO: M. D.

A Consellería de Sanidade notificou hoxe dous falecementos máis por Covid-19, un deles no hospital de Verín. Trátase dunha muller de 92 anos que perdeu a vida onte día 14.

Tamén faleceu un home de 84 anos no CHOP (Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra). Ambos presentaban patoloxías previas. 

Dende o pasado día 11 de agosto rexistráronse seis falecementos nestas circunstancias en toda a comunidade autónoma.

CORONAVIRUS VERÍN | Falece con Covid-19 unha muller de 92 anos no hospital de Verín
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade