jueves. 25.04.2024
Residencia Val de Monterrei, en Albarellos (Monterrei). | FOTO: Noelia Caseiro.
Residencia Val de Monterrei, en Albarellos, de onde era residente a última falecida por Covid-19 na comarca. | FOTO: Noelia Caseiro.

Novos datos do Sergas en canto á incidencia da Covid-19 na comarca. No día de hoxe, estabilízanse os números e rexístranse 9 casos menos que no día de onte. Só nun concello se experimenta un novo positivo. Pertence ao municipio de Cualedro, que pasa de 2 a 3 contaxiados

Excepto en Castrelo do Val e Laza, que manteñen os datos de onte, con 3 e 4 positivos respectivamente, o resto de municipios rexistran leves baixadas de casos. O caso máis salientable é Oímbra que nesta xornada logra reducir en 3 o seu número de positivos. Arestora hai 102 positivos en toda a comarca e 6 ingresados no hospital comarcal. Os datos quedan do seguinte xeito:

  • Verín: 47 (-3)
  • Monterrei: 28 (-1)
  • Vilardevós: 8 (-2)
  • Riós: 7 (-1)
  • Laza: 4
  • Castrelo do Val: 3
  • Cualedro: 3 (+1)
  • Oímbra: 2 (-3)

 

Falecidos por Covid-19

Tal e como adiantou este medio, no día de onte a Consellería de Sanidade notificaba dous novos falecementos por Covid-19 en Galicia. Un deles, unha muller de 92 anos no Hospital de Verín. Segundo puido saber Diario do Támega, era usuaria da residencia Val de Monterrei de Albarellos. A falecida presentaba patoloxías previas a ser diagnosticada coa enfermidade.

CORONAVIRUS VERÍN | Estabilízanse os casos positivos e só sobe un en Cualedro